22/6/07

Ignacio Ramonet di que o terrorismo se convertiu «nunha dobre ameaza»

Ignacio Ramonet (ABC)
-
E. P.
SANTIAGO. O director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet, denunciou que o terrorismo se converteu nunha «dobre ameaza», porque é á vez unha realidade e un «extraordinario argumento» dos estados para manter o control dos cidadáns en alianza cos intereses económicos.
En declaracións a Ep antes de participar nunha conferencia do ciclo «Os latexos do mundo» organizada polo Club Internacional de Prensa en Redondela (Pontevedra), explicou que a ameaza do terrorismo permitiu aos estados adoptar un papel de control que cualificou de «hiperorweliano». O xornalista dixo que os grandes desafíos do mundo actual son, ademais da ecoloxía, «as partidas de axedrez que se xogan en tres taboleiros simultáneos».
Esta metáfora revela, explicou, tres ámbitos na política internacional: por unha banda o problema da seguridade no que se inclúen todos os conflitos abertos no mundo -a maioría deles no Próximo Oriente-; doutra parte o conflito económico, é dicir, «a globalización dun mundo pilotado polas grandes empresas»; o terceiro dos eidos sería, segundo comentou Ignacio Ramonet, o que representa a guerra de ricos contra pobres, o das desigualdades sociais.
O teórico da comunicación explicou ademais que, no primeiro dos casos, os estados son os que toman a iniciativa para asumir ese papel de control usando o argumento do terrorismo, mentres que, no ámbito económico as decisións son adoptadas polos grandes grupos de presión empresarial.
Para Ramonet, o mundo actual depende de tres grandes poderes: o poder financeiro, os grandes medios de comunicación ao servizo das empresas e «só en tercer lugar, os políticos». En canto ao papel dos segundos, recordou que «están sometidos todos os días á tensión entre a vontade dun poder económico e a súa propia pretensión de manter a súa independencia». Ignacio Ramonet recalcou que o papel dos cidadáns neste contexto ten que pasar «necesariamente» por unha reflexión, para o que é clave que os cidadáns, indicou, entendan o mundo no que viven.
-
ABC Galicia/PORTADA/22/06/2007

No hay comentarios:

Locations of visitors to this page